Thursday 16 de May de 2024

O Concello de Boqueixón abre o vindeiro martes 1 de setembro o prazo de inscrición para as Actividades Físicas e Deportivas


Ofértanse preto de 200 prazas en distintos grupos de pilates, zumba e patinaxe

 

O Concello de Boqueixón abrirá o vindeiro martes 1 de setembro o prazo de inscrición nas Actividades Físicas e Deportivas municipais para o curso 2020-2021. As inscricións realizaranse entre o 1 o 18 de setembro. As clases darán comezo o día 1 de outubro estendéndose ata xuño de 2021.
As persoas interesadas deberán cubrir a ficha de inscrición correspondente, que se pode descargar na web municipal ( www.boqueixon.gal ) e remitila a deportes@boqueixon.com ou de forma presencial no Departamento de Deportes, previa cita. Terán preferencia na obtención de praza as persoas empadroadas. Nas actividades de adultos poderanse inscribir tamén menores a partir dos 16 anos (con autorización).
Ofértanse preto de 200 prazas divididas nun total de 13 grupos das seguintes disciplinas: Pilates, zumba e patinaxe. As sesións realizaranse en distintos puntos (ximnasio municipal, Ponte Ledesma, Lestedo e Camporrapado) e o prezo é de 15 euros ao mes (agás patinaxe, que custa 10 € mensuais). O pagamento, de carácter trimestral, deberase realizar mediante domiciliación bancaria.
As prazas dispoñibles varían entre as 10 –grupo mínimo que se require para facer a actividade- e as 15 persoas participantes. Bailoterapia, ximnasia para maiores e judo infantil quedan pendentes de inicio, á agarda da evolución da pandemia e de circunstancias máis favorables para o seu desenvolvemento.
As persoas que desexen ampliar información deberán poñerse en contacto co Departamento de Deportes do Concello de Boqueixón a través do teléfono 636 731 721 ou no enderezo electrónico deportes@boqueixon.com .